Inmersión lingüística
1. A LINGUA INGLESA EN EDUCACIÓN INFANTIL
A aprendizaxe dunha lingua estranxeira resulta enriquecedora na Educación Infantil. Ao iniciar o estudo do inglés a unha idade tan temperá, preténdese que a adquisición desa lingua se realice dun xeito lúdico e estimulante que prepare ao neno para a Educación Primaria e Secundaria. O obxectivo principal é o de espertar e continuar co interese polo idioma estranxeiro e que os nenos e nenas desfruten usando unha segunda lingua de forma comunicativa.
No noso centro fomentamos a lecto escritura en inglés mediate a metodoloxía Jolly Phonics que ten como objetivo a ensinanza da lectura e escritura para nenos e nenas de educación infantil e primaria a través dos diferentes fonemas que forman a lingua inglesa
2. PLURILINGÜISMO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Ademais da propia asignatura de Lingua Inglesa, a etapa de Primaria conta con máis presencia desta lingua xa que está inmersa no plurilingüismo: a asignatura de Educación Artística impártese ao 50% en inglés. Dito doutro xeito, temos a asignatura de Arts and Crafts, tamén coñecida como Plástica, en inglés o que fai que aprendamos inglés noutro contexto máis lúdico e sen percatarnos. Ademáis continuamos co método Jolly Phonics, que da uns magníficos e evidentes resultados na pronuncia da lingua inglesa por parte do noso alumnado.