Pastoral

Queremos convidar a toda a  comunidade educativa a desconectarse do seu  móbil e pararse a reflexionar, a tomar medidas e a actuar para que a mensaxe de Xesús chegue aos nosos corazóns e se faga realidade en todos os que convivimos nos colexios da Fundación Educere.
Amplíase, así, o traballo sobre o respeto a un mesmo e cara os demais  que se fixo o curso pasado. A responsabilidade, o sentido crítico, a importancia de ser un mesmo, a libertade, a compasión, e a misericordia, a igualdade ou o dereito a privacidade estarán presentes no traballo pastoral de este curso.