Educación Infantil
Entre os 3 e os 5 anos, o cerebro e todo o corpo está en plena formación e desenvolvemento. A neurociencia indícanos que, a esta idade, aprendemos desde o corpo, a través da actividade sensorial e o movemento. Por iso damos tanta importancia á actividade motriz, tanto desde a sesións diarias de PDN cos especialistas, as sesións de xadrez e proxectos interdisciplinares que favorecen a liberdade de movementos nos diferentes espazos.
A nosa proposta educativa para etapa de infantil é: “Ofrecerlles un entorno onde se sintan seguros, queridos e valorados. Onde poidan manifestar e aprender a regular as emocións. Onde adquiran unha autonomía tanto en momentos de xogo e de traballo. Onde se traballe dende a ilusión fomentando a cultura do esforzo. En definitiva, una escola que eduque integralmente e para a vida”