Inmersión lingüística

1. A LINGUA INGLESA EN EDUCACIÓN INFANTIL

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira resulta enriquecedora na Educación Infantil. Ao iniciar o estudo do inglés a unha idade tan temperá, preténdese que a adquisición desa lingua se realice dun xeito lúdico e estimulante que prepare ao neno para a Educación Primaria e Secundaria. O obxectivo principal é o de espertar e continuar co interese polo idioma estranxeiro e que os nenos e nenas desfruten usando unha segunda lingua de forma comunicativa.

No noso centro fomentamos a lecto escritura en inglés mediate a metodoloxía Jolly Phonics que ten como objetivo a ensinanza da lectura e escritura para nenos e nenas de educación infantil e primaria a través dos diferentes fonemas que forman a lingua inglesa

2. PLURILINGÜISMO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Ademais da propia asignatura de Lingua Inglesa, a etapa de Primaria conta con máis presencia desta lingua xa que está inmersa no plurilingüismo: a asignatura de Educación Artística impártese ao 50% en inglés. Dito doutro xeito, temos a asignatura de Arts and Crafts, tamén coñecida como Plástica, en inglés o que fai que aprendamos inglés noutro contexto máis lúdico e sen percatarnos. Ademáis continuamos co método Jolly Phonics, que da uns magníficos e evidentes resultados na pronuncia da lingua inglesa por parte do noso alumnado.

3. OS IDIOMAS ESTRANXEIROS NA EDUCACIÓN SECUNDARIA

O ensino da Lingua Inglesa esténdese na ESO e comparte horario coa aprendizaxe da Lingua Francesa. Esta segunda lingua estranxeira é unha asignatura obrigatoria nos dous primeiros cursos da ESO e ampliamente escollida como optativa nos dous últimos cursos. En canto á metodoloxía utilizada en ambas as dúas, manéxanse libros dixitais, medios audiovisuais e diverso material complementario creado ou seleccionado. Asimesmo, ofréceselles ao alumnado do derradeiro curso a posibilidade de presentarse ás probas para obter un certificado oficial do seu nivel competencial na lingua inglesa. Ademáis, cada ano valórase a posibilidade de realizar unha viaxe cultural-lingüística a Francia ou ó Reino Unido.

4. AUXILIAR DE CONVERSA

Un día á semana os profesores de inglés do colexio contamos coa colaboración dunha profesora nativa nas etapas de Infantil, Primaria e E.S.O. Ese día a clase de inglés adquire un enfoque totalmente comunicativo. Realizamos numerosas acitividades de carácter máis lúdico e práctico (sen descoidar a gramática) especialmente no eido oral da lingua. A presencia deste docente supón un enriquecemento cultural de primeira orde para o noso alumnado así como a mellor ocasión de poñer en práctica os seus coñecementos e habilidades na lingua inglesa.