Unidade educación especial
“NA DIFERENCIA ESTÁ A IGUALDADE, TODOS SOMOS ÚNICOS E IRREPETIBLES”
O noso Centro conta cunha Unidade de Educación Especial (E.E) que funciona dende o curso 2020/21 atendendo ao principio de equidade e inclusión educativa como principios de calidade da educación para todo o alumnado.
A Unidade de Educación Especial está concebida coma un servizo de axuda e intervención especializada co alumnado, país e profesorado co fin de facilitar o proceso de ensinanza e aprendizaxe, proporcionando o conxunto de medidas e accións educativas co obxetivo de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses.
A súa intervención está baseada na atención personalizada do alumno/a con dificultades para axudarlle a desenvolver as súas capacidades, aumentar o seu nivel competencial e acadar un futuro escolar sorprendente.