Oferta educativa
Coa finalidade de seguir avanzando no camiño da innovación pedagóxica e aplicar novas tecnoloxías e ferramentas axeitadas para atender ás necesidades educativas do alumnado do século XXI, o noso centro está poñendo en práctica un proxecto educativo baseado no alumnado, na innovación e na educación emocional.
Educación
Infantil
A nosa proposta educativa para etapa de Infantil é:
“Ofrecerlles un entorno onde se sintan seguros, queridos e valorados. Onde poidan manifestar e aprender a regular as emocións. Onde adquiran unha autonomía tanto en momentos de xogo como de traballo. Onde se traballe dende a ilusión fomentando a cultura do esforzo. En definitiva, unha escola que eduque integralmente e para a vida”.
Proxectos
Mate+
Horta
Molalaletra
Reciclaxe/compostaxe
Pequechef
Xadrez
PDN
Educación emocional
Educación
Primaria
O alumnado, a través de todas as experiencias e autonomía que lle achegou a Educación Infantil, terá máis curiosidade e as gañas de aprender irán en aumento. Cando entramos na etapa de Educación Primaria, o alumnado está máis preparado para adentrarse na realidade que o rodea e o profesorado do Colexio Virxe Milagrosa é a compaña ideal para facer ese percorrido. Axudarémolo a descubrir multitude de posibilidades no seu crecemento e a enfrontarse a diferentes retos e proxectos, incrementando así a súa aprendizaxe e ampliando as súas amizades nun medio seguro.
Proxectos
Proxectos de aula
Horta
Recreos residuos 0
Voz natura
Mate +
Xadrez na aula
Arts & Crafts e Plurilingüismo
Educación Musical
Educación Emocional
Plan Pastoral
Educación
Secundaria
Abrangue dende os 12 aos 16 anos. Ten como finalidade que os alumnos/as adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente no ámbito humanístico, científico, artístico e tecnolóxico. Desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo, esforzo e traballo; preparalos para os seus estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións como cidadáns.
Proxectos
Edixgal
Recreos residuos 0
B Maker
Educación Musical
Educación
Especial
O noso Centro conta cunha Unidade de Educación Especial (E.E.) que funciona dende o curso 2020/21 atendendo ao principio de equidade e inclusión educativa como principios de calidade da educación para todo o alumnado.
Aula
Audición e Linguaxe
O mestre especilalista de Audición e Linguaxe desenvolve actividades de estimulación e prevención dos problemas da fala na educación Infantil mediante a atención ao alumnado con necesidades educativas específicas permanentes ou transitorias da linguaxe oral ou da comunicación.